etnoga, Patrimonio cultural

etnoga, empresa de servizos, ten como obxectivo a xestión integral do patrimonio. Os traballos que acomete, vincúlanse con accións de desenvolvemento cultural, educativo, social e turístico.

Accesibilidade

Este sitio web foi validado de acordo coas ferramentas e directrices de accesibilidade do W3C-WAI (www.w3.org), coas directrices XHTML 1.1, e coas recomendacións do W3C para as CSS 2.1.

XHTML 1.1 Válido CSS Válido

Compatibilidade con múltiples navegadores

Nos traballos feitos para que este sitio web sexa accesible, coidouse á súa vez, que tanto a súa funcionalidade como a súa aparencia visual sexa moi semellantes, por non dicir iguais, para calquera dos navegadores de Internet que máis se utilizan hoxe. En concreto, coidouse a presentación para os navegadores:

  • Firefox
  • Safari
  • Internet Explorer
  • Opera

Teclas de acceso rápido (Accesskey)

Unha das opcións de accesibilidade activas neste sitio web son as teclas de acceso rápido ou accesskey. As teclas de acceso rápido utilizáronse naqueles enlaces que teñen certa importancia na web, como pode ser o menú principal da páxina. Situando inmóbil o punteiro do rato sobre un punto de menú despregarase un pequeno texto que nos indicará a tecla que debemos pulsar para activar o acceso rápido (utilizando a combinación de teclas especificada máis abaixo).

Tomáronse como referente as teclas de acceso rápido de uso máis común:

  • Tecla 0: Páxina de portada deste sitio web.
  • Tecla 1, Tecla 2, Tecla 3...: Páxinas enlazadas cos correspondentes puntos de menú.

O uso e activación concretos dos atallos de teclado depende do navegador e do sistema operativo. Os máis habituais utilizan as seguintes combinacións de teclas:

  • Firefox (mac): CTRL + tecla
  • Safari: CTRL + tecla
  • Firefox (win): ALT + MAYÚSCULAS + tecla
  • Internet Explorer: ALT + tecla + ENTER
  • Ópera: MAYÚSCULAS + ESC + tecla
  • Mozilla: ALT + tecla
  • Netscape: ALT + tecla

Que é a Accesibilidade Web?

A accesibilidade Web significa que persoas con algún tipo de discapacidade van poder facer uso da Web. A accesibilidade Web engloba moitos tipos de discapacidades, incluíndo problemas visuais, auditivos, físicos, cognitivos, neurolóxicos e da fala. Ao falar de accesibilidade Web estase facendo referencia a un deseño Web que vai permitir que estas persoas poidan percibir, entender, navegar e interactuar coa Web, achegando á súa vez contidos.

Pero a accesibilidade Web beneficia tamén a organizacións e a persoas sen discapacidade. Por exemplo, un principio básico da accesibilidade Web é a flexibilidade co obxectivo de satisfacer diferentes necesidades, situacións e preferencias. Esta flexibilidade vai beneficiar a todas aquelas persoas que utilizan a Web, incluíndo persoas que non teñen ningunha discapacidade pero que, debido a determinadas situacións, teñen dificultades para acceder á Web (por exemplo, unha conexión lenta), tamén estariamos falando daquelas persoas que sofren unha incapacidade transitoria (por exemplo, un brazo roto), e de persoas de idade avanzada.

En resumo, falar de Accesibilidade Web é falar dun acceso universal á Web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de rede, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos/as usuarios/as.

Se todo isto non queda claro, hai unha afirmación que non deixa dúbidas dos beneficios directos da Accesibilidade:

"O/a teu/túa usuario/a máis importante é cego". A metade das visitas ao teu sitio veñen de Google, e Google só ve o que un cego pode ver. Se o teu sitio non é accesible, terás menos visitas. Fin da historia.

Poida que isto da accesibilidade colla a máis dun por sorpresa. Así que se desexas máis información sobre o asunto, aquí tes uns cantos enlaces de gran interese:

  • www.w3c.es Sitio oficial web do w3c en español sobre accesibilidade, usabilidade e web semánticas.
  • www.sidar.org Sitio web da Fundación Sidar - Accesibilidade Universal.
  • www.fundacionctic.org Sitio web da Fundación CTIC. Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación.