Onomástica en Barcelona

O pasado venres, 9 de setembro de 2011, rematou en Barcelona o XXIV Congreso Internacional de ICOS* sobre Ciencias Onomásticas. Creado en 1938 e con celebracións periódicas desde 1947, o tema xeral de referencia na presente edición foi o dos Nomes na vida cotiá.

ICOS reuniu a máis de 500 profesionais, académicos, estudosos e interesados en onomástica de todo o mundo, procedentes duns 50 países. Xunto coas comunicacións presentadas, entre as que houbo numerosa participación galega, contouse cunha exposición a través da que se amosou a riqueza e a diversidade das publicacións sobre onomástica. Así, entre a multitude de libros expostos, sobresaíu na mostra o noso xogo sobre a toponimia do concello de Santiago “Atopando Compostela”.

O xogo na exposición

O xogo na exposición Foto: V. Feijoo

* International Council of Onomastic Sciences

Esta entrada fue publicada en Traballos. Guarda el enlace permanente.

3 respuestas a Onomástica en Barcelona

  1. Irene dijo:

    Pois noraboa! Ben merecido, sen dúbida, pois é un xogo ben chulo e interesante!

  2. Luz Méndez dijo:

    Que saibades que un exemplar do xogo saíu onte para a Euskaltzaindia (Real Academia da Lingua Vasca) porque algún académico se namorou del.
    Xa vexo que se me adiantaron coa foto (bastante mellor cás miñas, que parece que non queren saír da cámara).

    • etnoga dijo:

      Moi agradecidas igualmente! Pero en canto nos chegou algunha foto, xa aproveitamos para publicalo :)