Madeira de embarcacións en Muros

O pasado mes de xullo de 2009, Muros acolleu o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Durante tres días, conviviron unhas 150 construcións de diversas tipoloxías, apoiando ao evento actividades diversas como xornadas, obradoiros, exposicións ou concertos, nunha vila que se vestiu de madeira para tal fin.

Balandro «Joaquín Vieta», construído en 1916 no Freixo (Outes) e restaurado en 2009. Propiedade da asociación do mesmo nome de Noia.
Dorna «Irmandinha», construída para ir a América.
Propiedade dunha asociación do Grove. En depósito na Arousa.
Dorna de tope «Lavanqueira», construída dentro do proxecto Desafío a Tope da FGCMF. Propiedade da Asociación Fasquía.

Dorna polbeira.
Privada. En depósito na A.C.D. Dorna
.

Dorna polbeira de tingladillo «Serviola»
da A.C.D. Dorna, en depósito no Museo do Mar de Vigo.

Buceta «Laranha».
Propiedade da A.C.D. Dorna.

Buceta «Ostreira». Construída en 2009 pola
A.VV. A Ostreira de Abelleira (Muros)
.

Lancha xeiteira «Nova Marina», da Xunta, reconstruída dunha que apareceu enterrada. En depósito na A.C.D. Dorna.

Galeón «Nuevo Sofía», unhas das primeiras grandes embarcacións restaurada. Propiedade da Asociación C. D. Rabandeira de Vilanova de Arousa.

Embarcacións vascas.
Propiedade da asociación Albaola de Gipuzkoa

Mostra dun estaleiro de Outes

Recreación dun secadeiro de congro

e de sardiña

Algas

Barcos de papiroflexia entre electrodomésticos

Escaparate con nós mariñeiros de pan

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *