Casa de Peóns na Roibeira (Oza dos Ríos)

 
Na saída de Betanzos cara a Oza dos Ríos, no quilómetro número 2 da comarcal 840, atópase esta casa de «Peones Camineros».
Construída en cachotaría, a cantaría resérvase para o enmarque dos vans e os esquinais.
A estrutura é a mesma do resto xa vistas, destacando os tornachoivas das fiestras das fachadas laterais, a cheminea e a lousa de enriba da porta co nome.

Un comentario en “Casa de Peóns na Roibeira (Oza dos Ríos)

Los comentarios están cerrados.