Casa de Peóns de Ousoño (Barro – Noia)

No ano 2001 o Consello da Xunta aprobaba un decreto para desafectar a «Casilla» de Legoeiros de Ousoño e cedela ao Concello de Noia. Posteriormente, tras unha reforma na que se investiron preto de 60.000 €, converteuse no local social e cultural da AA. VV. Virxe do Carme. 

A casa repite o esquema construtivo doutras construcións de cantaría e planta baixa xa vistas, como a da Susana ou a da Barcia en Laraño, na mesma estrada comarcal. Cunha perfecta simetría, a fachada organízase a través de tres ocos: unha porta central e dúas fiestras. Cuberta a dúas augas con tella do país, nas esquinas do tellado dispóñense dúas cheminea.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *