etnoga, Patrimonio cultural

etnoga, empresa de servizos, ten como obxectivo a xestión integral do patrimonio. Os traballos que acomete, vincúlanse con accións de desenvolvemento cultural, educativo, social e turístico.

Presentación

Presentación

En etnoga, innovadora empresa de servizos, dedicámonos ao estudo, posta en valor e interpretación do patrimonio, con especial interese na divulgación do mesmo.

Formamos un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito das humanidades e as novas tecnoloxías, con experiencia laboral na administración pública e no eido privado.

Así mesmo, contamos coa colaboración de empresas e especialistas en diversos campos, creando unha rede de traballo onde se oferta un servizo de máxima calidade.

Recoñecementos

  • Gañadora dos "Premios Bancaja a Jóvenes Emprendedores" na súa XII edición -ano 2006-, na categoría de Empresas Tradicionais e Sociais.
  • Finalista no "VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC" -en 2005-, organizado dentro do programa Uniemprende
  • Gañadora do 1º Premio do Concurso Compostela Activa, na categoría de Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres -edición do ano 2005-, organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do concello compostelán.
  • Cualificada como ILE (Iniciativa Local de Emprego) pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. (Inscrita co número 15/099/2005-ILE).