etnoga, Patrimonio cultural

etnoga, empresa de servizos, ten como obxectivo a xestión integral do patrimonio. Os traballos que acomete, vincúlanse con accións de desenvolvemento cultural, educativo, social e turístico.

Servizos

As nosas actividades vincúlanse coa xestión integral do patrimonio cultural. Buscamos o seu coñecemento, a súa protección e conservación e, sobre todo, que este patrimonio chegue á poboación. A planificación dos proxectos elabórase de modo específico, tendo en conta as necesidades e intereses de cada caso.

Intervencións

Realizamos rexistros de bens patrimoniais para ter constancia do que existe, redactando estudos históricos e proxectos de intervención.

  • Elaboración de inventarios e catálogos de bens patrimoniais
  • Realización de inventarios de recursos turísticos
  • Redacción de informes históricos-artísticos
  • Redacción de informes de impacto cultural
  • Colaboración na redacción dos PXOM
  • Restauración de bens patrimoniais

Estudos

As diversas investigacións que acometemos, poden ser consideradas como a fase inicial de futuros proxectos de intervención ou divulgación. Ademais, elaboramos enquisas e estatísticas sobre público.

  • Estudos de promoción turística
  • Estudos etnográficos
  • Estudos toponímicos
  • Estudos de público cultural

Divulgación

Realizamos actividades lúdicas, dinámicas e participativas, fomentando a educación no seu uso e goce, para concienciar á poboación sobre o valor e a conservación do patrimonio.

  • Realización de audioguías e signoguías
  • Publicacións e cursos especializados
  • Deseño e montaxe de exposicións
  • Planificación e desenvolvemento de rutas

Educación e tempo libre

Organizamos eventos formativos e educativos para todas as idades, ofertando actividades de tempo libre co fío condutor do patrimonio cultural.

  • Formación de persoal para a xestión do patrimonio
  • Organización de saídas didácticas
  • Coordinación e programación de campamentos
  • Impartición de monográficos e obradoiros especializados
  • Realización de xornadas de xogos populares
  • Venda e aluguer de xogos populares

Consultora

Atendemos ás consultas do público, informando en relación á lei de patrimonio e tramitando subvencións.

  • Consultaría patrimonial a entidades, organizacións e particulares
  • Asesoramento sobre temas culturais
  • Xestión e información sobre subvencións e axudas de carácter público